Programa da área de cultura da Deputación Provincial de Lugo
GALEGOZA

GALEGOZA coa música é unha exposición itinerante polos centros educativos de Lugo coa historia viva da música en galego: dos seus movementos fundacionais ao Bravú, o Castañazo Rock, o hip-hop, a tradición reinterpretada e a electrónica máis recente.

Para que goces aínda máis desta exposición podes participar nun CONCURSO sobre os contidos que preparamos para ti.

Queres gañar unsAirPods 4?

Auriculares AirPods 4 de Apple — premio do concurso

Participa fácilmenteno concurso Galegozae leva este premiazo!

Sobre o concurso

Como funciona

En cada centro educativo abrimos un concurso con 10 preguntas tipo test relacionadas cos paneis da exposición. Estas son as regras.

Quen pode participar

Alumnado de ESO e Bacharelato do centro onde estea a exposición.

Como se concursa

Respostando 10 preguntas tipo test relacionadas cos paneis. Só se admite unha participación por persoa.

Premio

Uns auriculares AirPods 4 de Apple para a persoa gañadora de cada centro. En caso de empate, sorteo aleatorio.

Sen concurso aberto

Neste momento non hai concurso en marcha

O programa GALEGOZA continúa a súa itinerancia polos centros educativos da provincia de Lugo. Cando o concurso estea aberto nun novo centro, aparecerá aquí coas datas e o acceso ao formulario.

Próxima edición12/11/2026 · IES Perdouro (Burela)